O PSdeG insta a Xunta a rexeitar o recorte de fondos para a PAC

Lara Méndez solicita axudas directas para o sector gandeiro e agrícola
Méndez, Fernández e Otero xunto cos propietarios de SAR Dorna. (Foto: Nós Diario)
Méndez, Fernández e Otero xunto cos propietarios de SAR Dorna. (Foto: Nós Diario)
A secretaria de organización do PSdeG, Lara Méndez, reclamou onte ao PP que defenda unha Política Agraria Común (PAC) “con financiamento dabondo e con autonomía, na que as comunidades teñan capacidade de tomar decisións”.

Durante unha visita á granxa da SAT Dorna, Méndez recordou que a PAC “xoga un papel moi importante” na viabilidade de numerosas explotacións, e por iso alertou da "ameaza" que supón para o sector o recorte de 20 % dos seus fondos que está a propor a Comisión Europea. Tras o seu percorrido polas instalacións, na compaña dos propietarios, anunciou unha iniciativa parlamentaria nese senso.

“Esperemos que o Partido Popular se sume ao socialista para defender isto na Galiza e en Bruxelas”, avanzou. A socialista sinalou que o seu grupo presentará no Parlamento galego unha proposición non de lei para instar a Xunta a rexeitar publicamente a proposta da Comisión Europea de reducir os fondos da PAC e a defender que se manteñan as axudas directas e as destinadas ao desenvolvemento rural, logrando máis orzamento para o rural.

Comentarios