O PSdeG critica a xestión de Rueda ante a "perda de capital galego" nas empresas

Rumbo di que o candidato do partido ás eleccións galegas será "un líder".
Formoso-Conxemar-031023-1200x675

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou a xestión económica da Xunta da Galiza e a súa "pasividade" perante a "perda de capital galego" en empresas "buques insignia" do país. Así o sinalou onte na súa visita á Feira Conxemar e antes de reunirse con traballadores de Nova Pescanova, que se atopan en plena negociación dun expediente de regulación de emprego (ERE) que implicará o despedimento de máis de 80 persoas.

Formoso lamentou a "falta de xestión" tanto do ex presidente do Goberno galego Alberto Núñez Feixoo, como do actual mandatarioe, Alfonso Rueda, porque, ao seu xuízo, provocou a perda de capital galego en empresas de sectores estratéxicos da economía, do mesmo xeito que podería ocorrer con Nova Pescanova.

Neste sentido, lembrou casos como o do Banco Pastor ou as caixas galegas, que na actualidade forman Abanca e está en mans dunha “empresa de Venezuela”. "A Galiza tampouco conta cun referente no sector enerxético como foi Unión Fenosa, hoxe presa de fondos de investimento estranxeiros, así como nas telecomunicacións, onde R fala galego nos seus anuncios, pero é de capital de fondos estranxeiros", explicou.

Primarias

Pola súa parte, a viceportavoz parlamentaria do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo asegurou onte que "en breve" saberase quen será o candidato da formación socialista á Presidencia da Xunta. "Que non teña dubida ningún galego ou galega que imos ir co mellor candidato posíbel, que será un líder e o candidato que vai cambiar 14 anos de recortes e privatización do Partido Popular", dixo.

Comentarios