Pescanova financiou o PP nun ano de cita electoral en Galiza

A empresa e outras seis máis achegaron 400.000 euros para o Partido Popular de Manuel Fraga en 2001

Fernández de Sousa
photo_camera Sousa

Tamén Pescanova. A listaxe de empresas que doan-achegan-financian o Partido Popular é cada vez máis e máis ampla. Segundo informa Infolibre, a pesqueira con sede en Chapela tamén botou man do peto para axudar ao PP e fíxoo, ademais, nun ano de cita electoral. Foi, e sempre segundo este medio, en 2001, con Fraga á cabeza dun PP de Galiza que quería reforzar a súa maioría absoluta. E fíxoo, co 52% dos votos e 41 escanos. O BNG e PSdeG tiveron 17 deputad@s cada un.

Así pois, Pescanova, e outras seis empresas (Necso, San José, Fdez. T, Copasa, OHL e FCC) achegaron 400.000 euros á formación conservadora. Isto é o que se contén nos papeis de Bárcenas, segundo Infolibre.

Comentarios