Pérez Caamaño fai balance dos seis meses á fronte da alcaldía de Noia: "Fomos quen de sacar uns orzamentos, algo que non se vía desde fai anos"

Durante o pleno do mes de febreiro, o rexedor aproveitou para detacar "todas as actuacións que se levaron a cabo e seguen en marcha" desde a súa chegada ao Goberno local após unha moción de censura. 
O alcalde de Noia, Francisco Péres Caamaño, durante o pleno da oción de censura. (Foto: Arxina / Europa Press)
O alcalde de Noia, Francisco Péres Caamaño, durante o pleno da oción de censura. (Foto: Arxina / Europa Press)

O alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, aproveitou o pleno ordinario deste mes de febreiro para facer un balance dos seis meses que leva á fronte do goberno tras a moción de censura presentada en xullo de 2025: "A aterraxe nunha institución, cando ademais se produce a metade de mandato, sempre é complicada", asegurou o alcalde e secretario xeral dos socialistas de Noia, quen destacou que a unidade do equipo de Goberno que lidera fixo esta tarefa moito máis "doada".

O rexedor fixo especial fincapé na situación económico-financeira que se "atopou ao chegar á alcaldía", con facturas "pendentes de pago" por riba do millón de euros, obras "sen presupostar" adecuadamente ou servizos con "graves "deficiencias, como o caso do saneamento. "A herdanza que nos deixou o PP e o NOIA rozaba niveis catastróficos", denunciou. "Malia isto, fomos quen de sacar uns orzamentos en xaneiro, algo que nesta vila non se vía desde fai anos".

Pérez Caamaño tamén salientou actuacións que se levaron a cabo nos primeiros días de Goberno e que seguen en marcha, como a limpeza das rúas da vila por parte do Concello; proxectos que están en estudo, como a ampliación de chan industrial que permita á vila medrar economicamente; así como medidas que espera poder concretar e anunciar no futuro, "e que serán froito das diversas reunións que estamos a manter con diferentes institucións, como o Ministerio de Cultura, o Xunta da Galiza ou a Delegación do Goberno español, e que repercutirán no mellora da calidade de vida das noiesas e noieses"

De cara o 2027, seguirán centrados "pensando en como mellorar a súa vida, facendo un traballo que demostre que chegamos ao concello para cambiar as cousas e que así o fixemos”, afirmou o alcalde e secretario xeral, que espera que este esforzo teña recompensa e a cidadanía “siga confiando en nós para chegar, polo menos, até 2031

Comentarios