O Parlamento insta de forma unánime a Xunta a "paliar o déficit" de persoal nas urxencias do Hospital de Ribeira

En concreto, o texto aprobado insta a Xunta a "atender a demanda realizada polo persoal médico" de Urxencias.
Protesta do persoal sanitario esta quinta feira ante o Hospital do Barbanza (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta do persoal sanitario esta quinta feira ante o Hospital de Ribeira (Foto: Nós Diario).

O Parlamento da Galiza aprobou esta quinta feira por unanimidade (co si de PP, BNG e PSdeG, os tres grupos con respresentación na Cámara) unha iniciativa para instar a Xunta a realizar "de modo inmediato" as contratacións precisas "para paliar o déficit de persoal" que padecen as Urxencias do Hospital do Barbanza, situado en Ribeira.

Trátase dunha proposición non de lei (PNL) defendida polo Bloque durante a Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, que contou co voto favorábel dos outros dous grupos con representación na Cámara.

“Atender a demanada”

En concreto, o texto aprobado insta a Xunta a "atender a demanda realizada polo persoal médico" de Urxencias.

Precisamente, esta quinta feira ao mediodía, a Confederación Intersindical Galega (CIG) organizou nas portas do hospital unha concentración para denunciar "a precariedade" do persoal.

Unha segunda PNL

Por outra parte, o Parlamento aprobou unha segunda PNL, nesta ocasión a proposta do PP e coa abstención da oposición, para instar a Xunta a "continuar traballando na firma e implantación de plans locais de saúde" por todo o territorio galego.

Comentarios