A maxistrada acepta adiar a declaración de Pachi Vázquez

Hoxe comezou o xuízo no que se enfronta a dez anos de inhabilitación por un delito de prevaricación continuada cando era rexedor no Carballiño.
Manuel Pachi Vázquez será xulgado pola súa etapa de rexedor. (Foto: Europa Press)
photo_camera Manuel Pachi Vázquez será xulgado pola súa etapa de rexedor. (Foto: Europa Press)

Hai once días sinalados no xuízo que senta Pachi Vázquez no banco dos acusados e no que se enfronta a dez anos de inhabilitación por un delito de prevaricación continuada cando era rexedor do Carballiño, entre 1995 e 2005, e en relación á contratación de 60 persoas.

Onte, na primeira xornada, o seu letrado, Victor Morendo, solicitou que se adiara a declaración de Vázquez cara as últimas xornadas.

O avogado engadiu que en "más de 3.000 folios" da actuación non hai ningún incidio sobre que a actuación dos acusados "foi movida por preferencias".

No proceso tamén sentan no banco catro ex edís, entre eles o sucesos de Vázquez na alcaldía, Carlos Alberto Montes, e que permaneceu no cargo até 2011.

Todos os avogados defensores fixérona  mesma petición o de Pachi Vázquez, solicitude atendida pola maxistrada. Por tanto, non se prevé que as teñan lugar antes do 10 de decembro.

O letrado de Vázquez, xustificou esta reclamación ao considerar que "a posición dos acusados de ter que declarar o primeiro día pon en entredito a súa presunción de inocencia" e que, deste modo, "poderán responder en maior medida que tendo unicamente a última palabra".

O Ministerio público atribúe ao tamén fundador de Espazo Común e ao resto dos acusados un delito de continuado de prevaricación pola contratación de persoal sen os requisitos básicos requiridos á Administración pública

Comentarios