As independentistas encausadas na ‘Operación Jaro’ estarán na campaña electoral do 5-A

Queren que a causa da Audiencia Nacional estea na “axenda política”.

 

OperaCION jARO

Audiencia Nacional pide 102 anos de prisión para 12 independentistas militantes de Causa Galiza e Ceivar.  Fiscalía impútalle “pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo” e pide a disolución de ambas as dúas organizacións.

As persoas encausadas pola AN queren que ese proceso “contra o independentismo” estea presenta na campaña das elección galegas do 5 de abril. “Independentistas julgad@s na Audiencia Nacional converteremos a tentativa do Governo espanhol de ilegalizar o independentismo e encarcerar doze militantes em elemento de debate e “agenda política”.

Fica por concretar como será esa ‘presenza’ mais adiantan que “conscientizaçom social e denúncia de responsabilidades políticas combinarám-se a partes iguais”.

Dentro da campaña que estas encausadas puxeron en marcha, están a subir ás redes sociais sucesivos videos breves “em que cada quem, da sua ótica individual, expom o que avaliar oportuno sobre a experiência política e vital que neste momento o liga com o resto do coletivo”. A primeira grabación é de Joam Peres, para que se solicita 12 anos de prisión.

Comentarios