28-M | En directo

Ourense: a Democracia Ourensá de Xácome, a forza máis votada

Logra 10 actas, por 7 do PP, 6 do PSdeG e 4 do BNG.
Gonzalo Pérez Xácome gaña por primeira vez as eleccións.
photo_camera Diseño sin título (23)

A Democracia Ourensá (DO) de Gonzalo Pérez Xácome é a gañadora do 28-M en Ourense. Malia os escándalos e as acusacións que nestas semanas recaeron sobre o rexedor ourensán, este aumentou en apoios ao pasar dos 7 edís que obtivo en 2019 aos 10 de agora. Logrou este domingo case 34% dos votos emitidos na cidade. Iso supón 12 puntos máis que hai catro anos.

"Ourense non falou, Ourense berrou!", exclamou Xácome ao valorar os resultados. O alcalde quixo dar as grazas "ás máis de 18.000 persoas que me votaron" e dixo que agora ía "encarar unha investidura". "Cada vez dominamos máos os intríngulis da Administración local", sinalou. Pérez Xácome apuntou que tos resultados na provincia daban á súa formación tres deputados e deputadas provinciais. 

Pola súa parte, Manuel Baltar, presidente do PP ourensán e da Deputación, limitouse a sinalar que o partido "aumentou en apoios" a respecto de 2019. Maís crítico foi o candidato do PP na cidade de Ourense, Manuel Cabezas, que recoñeceu que a súa mensaxe "non callou no electorado".

Malia este importante incremento, Xácome fica a 2 actas das 13  que marcan a maioría absoluta, polo que haberá que ver que vai facer o PP, se vai ‘salvar’ de novo a Xácome ou se, tal e como os populares manifestaron estes días, non lle renovarán a confianza, abrindo as portas a un entendemento co PSdeG.

O PP obtivo 7 concelleiros e concelleiras, o mesmo número que hai catro anos. Daquela logrou 22,5% dos sufraxios e agora 24,8%. Un leve aumento que non lle repercutiu en conseguir un edil máis.

O PSdeG perdeu representación, pasando dos nove daquela aos seis de agora.

Pola súa parte, o BNG duplicou as súas actas no Concello de Ourense ao lograr este domingo catro representantes (15,7% dos votos)  fronte aos dous de 2019 (6,2%).

Vox, Agora Ourense-Podemos-Esquerda Unida non logran representación

(En ampliación)

Comentarios