A oposición critica a "política eólica depredadora" da Xunta, que matiza: "Só se aproban os parques con garantías"

Parque eólico de Corme, cuxo proxecto de repotenciación vén de tombar o TSXG (Foto: Nós Diario).
As recentes sentenzas xudiciais —dúas nos últimos tres meses— contra a autorización por parte da Xunta dos proxectos eólicos O Iribio e Roncudo puxo contra as cordas o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, que insistiu en que o Goberno galego "só autoriza" os parques "con todas as garantías técnicas, xurídicas e ambientais".