O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero di que "o comportamento de Vilares é intachábel" por dimitir

"Creo que esa é a forma correcta de proceder e a que máis beneficia á institución que até o de agora el representaba e será a administración de xustiza a encargada do esclarecemento dos feitos", concluíu Barba.
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba. (Foto: Xunta da Galiza)
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, (Foto: Xunta da Galiza)

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, considera "intachábel" o "comportamento" do ex conselleiro do Mar, Alfonso Vilares, ao presentar a súa dimisión "para defenderse no procedemento xudicial, que é onde ten que facelo".

Para o responsábel de loita contra a violencia de xénero da Xunta, o até o de agora titular de Mar presentou a súa dimisión "no momento exacto", cando "tivo un coñecemento fidedigno de que o procedemento xudicial dirixíase cara a el, non a denuncia ou non a fase policial".

"Neste sentido, o seu comportamento é intachábel porque presentou a súa dimisión no momento en que soubo que un xulgado dirixía un procedemento contra el e non unha denuncia policial", insistiu o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.

"A forma correcta de proceder"

Tamén puxo en valor a decisión de "renunciar ao aforamiento" e "someterse a un tribunal de xustiza de forma ordinaria como calquera tipo de cidadán". Así mesmo, reivindicou que respecta as decisións e os procedementos xudiciais, así como ás partes implicadas neses procedementos.

"Creo que esa é a forma correcta de proceder e a que máis beneficia á institución que até o de agora el representaba e será a administración de xustiza a encargada do esclarecemento dos feitos", concluíu Barba.

Comentarios