Dimite o alcalde de Catoira (BNG) e suspéndese o pleno da moción de censura presentada por PSOE e PP

Xoán Castaño procura así "non ser un obstáculo" para a formación dun Goberno entre PSdeG e BNG.
O alcalde de Catoira, Xoán Castaño (arquivo/EP).

Alcalde de Catoira, Xan Castaño (BNG)

  (Foto de ARCHIVO)

3/3/2020
photo_camera Xoán Castaño (arquivo/EP).

O alcalde de Catoira, Xoán Castaño, do BNG, presentou a súa dimisión cinco minutos antes da realización hoxe do pleno da moción de censura presentada polo PSOE e Partido Popular. O xa ex alcalde asegurou que a súa renuncia busca facilitar as negociacións cos socialistas, para que a localidade continúe gobernada pola esquerda. “Non quero entorpecer nin ser un obstáculo para un Goberno progresista e nacionalista”.  Explicou que a súa dimisión debíase a un acto de coherencia "non froito dunha presión, senón voluntario, razoado e razoábel"

En paralelo, 2 concelleiros do PSOE  presentaban tamén unha carta na que renunciaban a apoiar a moción de censura .

Estes dous movementos de última hora botaron abaixo as posibilidades de que a moción de censura prosperase. Ante esta situación varios edís tanto do grupo popular como do socialista optaron por non acudir ao pleno polo que este non chegou a celebrarse.

O pacto acadado a inicios do pasado mes de marzo entre as concelleiras do PSOE e do PP en Catoira contemplaba unha moción de censura para desaloxar Xoán Castaño, moción adiada por mor da pandemia do coronavirus. Socialistas e populares subscribiran un pacto polo que se repartirán a Alcaldía durante o resto do mandato.

Nas eleccións municipais de maio de 2019 o PSdeG foi a forza máis votada, con 5 edís (2 menos que en 2015), o BNG atinxira 3 representantes (os mesmos que 4 anos atrás) e o PP, 3 (2 máis). O socialista Alberto García levaba tres décadas á fronte deste concello.

Desde a Executiva do BNG preguntan onte ao partido de Gonzalo Caballero se esa "é a maneira que ten o Partido Socialista de entender o cambio en vésperas de celebrarse as eleccións galegas". 

Comentarios