Moción de censura de PSdeG e PP en Catoira para desaloxar da Alcaldía o nacionalista Xoán Castaño

Socialistas e populares subscriben un pacto polo que se repartirán a Alcaldía durante o resto do mandato.

Xoán Castaño, alcalde de Catoira
photo_camera Xoán Castaño, alcalde de Catoira polo BNG.

PSdeG e PP veñen de subscribir un acordo polo cal presentarán una moción de censura contra o actual goberno local, do BNG, e pasarán a establecer una coalición na que se repartirán a Alcaldía até o final do mandato, previsto para 2023.

O portavoz do PSdeG nesta vila da comarca de Caldas, Alberto García, e o do Patido Popular, Iván Caamaño, asinaron un documento dirixido á veciñanza e na que explican que a Alcaldía pasa a se repartir entre socialistas e populares. "Vamos realizar un cambio de goberno en Catoira. Un cambio no que o PP e PSOE van crear un goberno de coalición", explican nun escrito rubricado tanto por Caamaño como por García.

"O que resta de mandato a Alcaldía estará dividida a partes iguais. Metade gobernará Alberto García e a outra metade Iván Caamaño, mentres un sexa alcalde outro será tenente de alcalde", reza el documento. Así pois, desaloxan como alcalde o nacionalista Xoán Castaño, que chegara a rexedor co apoio do PPdeG.

Nas eleccións municipais de maio de 2019 o PSdeG foi a forza máis votada, con 5 edís (2 menos que en 2015), o BNG atinxira 3 representantes (os mesmos que 4 anos atrás) e o PP, 3 (2 máis). O socialista Alberto García levaba tres décadas á fronte deste concello.

Pontón pregunta PSdeG que "mensaxe" quere mandar

A portavoz nacional e candidata o BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, advertiulle ao PSdeG sobre "a mensaxe que manda antes das eleccións" ao pactar co PP esta moción de censura. Preguntada por este acordo nun acto celebrado en Vigo, Pontón sinalou que descoñece os termos concretos da moción de censura pero, ante o pacto entre socialistas e populares, reflexionou: "Non sei se esa é a mensaxe que quere enviar o PSOE xusto antes dunhas eleccións"

O PP de Pontevedra desmárcase da moción

A moción de censura carece do respaldo da dirección provincial do PP de Pontevedra, que á espera de coñecer os detalles sobre o movemento, abre o porta de sanción contra o seu portavoz na localidade.

Así o confirmou o presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen, a preguntas dos, afirmou que a moción "non foi consensuada nin ten a autorización" da dirección do partido.

Comentarios