Condenan o alcalde de Castrelo por un delito de ameazas a un ex edil do BNG
Os nacionalistas indica que a sentenza mostra o nivel do rexedor que “o PP impón á veciñanza”, Avelino Pazos
O BNG de Castrelo de Miño informa que o Xulgado de Ribadavia vén de condenar o alcalde desta localidade, Avelino Pazos (PP), por “un delito de ameazas contra un compañeiro e ex edil nacionalista”.
Os feitos, sempre segundo esta versión, tiveron durante a feira mensual que se realiza en Castrelo de Miño. “Cando o ex concelleiro paseaba pola feira coa súa familia, o ilexítimo alcalde cruzou a feira para increpar, encarar e ameazar o militante do BNG para sorpresa do mesmo e dos veciños que estaban alí”.
Os nacionalistas sitúan a sentenza “como unha mostra clara do carácter autoritario e antidemocrático do actual rexedor do noso concello”..
O pasado mes de agosto e a través dunha moción de censura en Castrelo de Miño o PP botaba o BNG da Alcaldía co apoio de 2 tránsfugas do PSOE.