Condenan o alcalde de Castrelo por un delito de ameazas a un ex edil do BNG

Os nacionalistas indica que a sentenza mostra o nivel do rexedor que “o PP impón á veciñanza”, Avelino Pazos

alcalde castrelo
photo_camera (Foto: Cedida)

O BNG de Castrelo de Miño informa que o Xulgado de Ribadavia vén de condenar o alcalde desta localidade, Avelino Pazos (PP), por “un delito de ameazas contra un compañeiro e ex edil nacionalista”.

O Bloque denunciaba o pasado mes de decembro a través dun comunicado que o novo rexedor (que chegou ao posto a través dunha moción de censura) “encarou e ameazou” un dos seus militantes, que fora concelleiro nacionalista no Goberno local do BNG.

Os feitos, sempre segundo esta versión, tiveron durante a feira mensual que se realiza en Castrelo de Miño. “Cando o ex concelleiro paseaba pola feira coa súa familia, o ilexítimo alcalde cruzou a feira para increpar, encarar e ameazar o militante do BNG para sorpresa do mesmo e dos veciños que estaban alí”.

Os nacionalistas sitúan a sentenza “como unha mostra clara do carácter autoritario e  antidemocrático  do  actual  rexedor  do  noso  concello”.. 

O pasado mes de agosto e a través dunha moción de censura en Castrelo de Miño o PP botaba o BNG da Alcaldía co apoio de 2 tránsfugas do PSOE.

Comentarios