Chaves e Griñán declararán en abril como imputados polo caso Ere
17 de febreiro de 2015 (21:21 h.)
Os ex-presidentes da Junta de Andalucía José Antonio Griñán e Manuel Chaves terán que declarar en calidade de imputados os días 9 e 14 de abril.
O maxistrado do Tribunal Supremo, Alberto Jorge Barreiro cita aos expresidentes de Andalucía José Antonio Griñán e Manuel Chaves que terán que comparecer en condición de imputados os días 9 e 14 de abril pola fraude dos ERE que se está a investigar.
Ademais de Chaves e Griñán, están citados outros aforados como o deputado José Antonio Viera, o exconselleiro andaluz Gaspar Zarrías e a senadora Mar Moreno
A comparecencia dos dous ex-presidentes de Andalucía terá lugar despois de que na comunidade autónoma se realicen as eleccións á presidencia da Junta.