Chaves e Griñán declararán en abril como imputados polo caso Ere

Os ex-presidentes da Junta de Andalucía José Antonio Griñán e Manuel Chaves terán que declarar en calidade de imputados os días 9 e 14 de abril. 

O maxistrado do Tribunal Supremo, Alberto Jorge Barreiro cita aos expresidentes de Andalucía José Antonio Griñán e Manuel Chaves que terán que comparecer en condición de imputados os días 9 e 14 de abril pola fraude dos ERE que se está a investigar. 

Ademais de Chaves e Griñán, están citados outros aforados como o deputado José Antonio Viera, o exconselleiro  andaluz Gaspar Zarrías e a senadora Mar Moreno

A comparecencia dos dous ex-presidentes de Andalucía terá lugar despois de que na comunidade autónoma se realicen as eleccións á presidencia da Junta. 

Comentarios