Urxe a pór en marcha as competencias propias

Caballero pide que “non quede atrás ninguén na saída da crise”

Os socialistas da Galiza, na voz do seu líder Gonzalo Caballero, quixeron poñer de manifesto de cara á cuarta lexislatura de Feixoo que cómpre adoptar as competencia propia en toda a súa capacidade para apoiar a industria e protexer as persoas maiores.
EuropaPress_3297445_np_foto_gonzalo_caballero_compromete_defensa_do_social_alternativas (1)
photo_camera O líder socialista, Gonzalo Caballero. / Parlamento de Galicia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou tras a toma de posesión de Feixoo como presidente da Xunta, que agora é "momento de por xa toda a capacidade das competencias e do autogoberno da Galiza ao servizo da cidadanía ".

Caballero sinalou que lle desexa ao próximo goberno "todos os acertos ", e quixo lembrarlle que hai "un autogoberno galego definido no Estatuto que lle dá á Xunta moitas competencias en moitos ámbitos decisivos". Galiza, dixo o socialista, plenitude para "acompañar a industria, os maiores, os que teñen máis dificultades".

Segundo recalcou o portavoz da terceira forza do Parlamento, esta "ten que ser a lexislatura da protección das persoas diante da crise económica, social e sanitaria" e, engadiu, é o momento de usar as competencias propias para "o inicio do curso escolar, para por todos os mecanismos de protección da política social nas residencias de maiores, para tomar todas as medidas de precaución fronte a os gromos", reclamou.

O líder dos socialistas manifestou que agarda que "se tomen todas as decisións para que ninguén quede atrás" na saída da crise e reiterou que o PSdeG vai facer unha oposición centrada na defensa da sanidade e dos servizos públicos.

Comentarios