O BNG reclama a declaración do Museo Carlos Maside como BIC

A voceira de cultura do BNG na Cámara galega, Mercedes Queixas, advertiu do intento da Xunta da Galiza de levar a cabo "un novo borrado da memoria colectiva" ao impedir a declaración como ben de interese cultural (BIC) do Museo Carlos Maside de Sada.

Foto Mercedes Queixas
A voceira de cultura do BNG na Cámara galega, Mercedes Queixas. (Foto: Nós Diario)

Queixas explicou que o  expediente de declaración como ben de interese cultural  do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside caducará se o Goberno galego non o resolve antes de 1 de agosto. Neste sentido, lembrou o proceso seguido desde hai máis dunha década.

"Sería unha irresponsabilidade gravísima que o PP non declarase o museo BIC", subliñou Queixas, que lamentou  a negativa do Executivo de Alfonso Rueda Rueda a incluír na declaración de ben de interese cultural todo o conxunto de Cerámicas do Castro, como si se fixo co proxecto de Sargadelos en Cervo.

"Agora parece que ao PP até se lle fai moito darlle a máxima protección a unha parte do proxecto, que é o Museo", continuou Queixas, como ´"lugar da nosa memoria e parte fundamental do legado de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane".

A propia Xunta da Galiza por boca da anterior directora xeral de Patrimonio Cultural, María do Carme Martínez Ínsua, asegurou no Parlamento que a colección do Museo Carlos Maside está formada por 1.800 pezas de 200 artistas diferentes.

O Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside custodia obra do propio Maside, mais, tamén, de Daniel Castelao, Luís Seoane, Díaz Pardo, Laxeiro, Xulia Minguillón, Colmeiro, Urbano Lugrís, Asorey ou Maruxa Mallo.

Proposta

A deputada nacionalista avanzou unha batería de iniciativas no Parlamento da Galiza para respectar na declaración BIC o nome orixinal do Museo de Arte Contemporánea

"Todas as pezas forman parte dun mesmo proxecto integral e integrador", apuntou Queixas, quen defendeu que defendeu que "sexa o Laboratorio de Formas parte activa responsábel da xestión do Museo".

Comentarios