O BNG lanza unha campaña a prol do comercio de proximidade

O BNG deu a coñecer unha iniciativa de apoio pequeno comercio "Mellor local, mellor galego", dirixida a promover o comercio local e a capacidade produtiva da Galiza, segundo trasladou a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, durante a presentación desta iniciativa en Compostela.
Campaña do BNG polo comercio local  o produto galego
photo_camera "Mellor galego, mellor local" é o lema da campaña do BNG. (Foto: BNG)

A campaña traslada unha "dupla mensaxe": a importancia de consumir produtos elaborados no país, para apoiar o emprego, e, ao tempo, o fomento do consumo nos comercios locais.

"Non hai nada máis triste que unha rúa coas persianas baixadas e carteis de 'véndese' ou 'alúgase' e non hai nada que dea máis luz que ver comercios funcionando, porque son un elemento de dinamización moi importante", subliñou Ana Pontón.

Como advertiu a líder nacionalista, o comercio padece unha crise desde 2008 e viu o como fecharon máis de 3.500 estabelecementos, polo que "necesita ser apoiado".

Así, fixo un chamado de cara ao Nadal para apostar por este comercio como unha forma de "apoiar o país" nun momento de "crise sen precedentes".

O BNG lanza varias propostas para "protexer" o pequeno e mediano comercio, que pasan por unha nova lei de comercio, que "free as liberalizacións" de horarios e rebaixas, e que sexa "consensuada" co sector.

Tamén reclama axudas directas para que o comercio afronte a crise da Covid, e unha aposta pola "dixitalización" e pola creación dunha plataforma de venda en liña –"un Amazon galego", apuntou Pontón– para que pequeno e mediano comercio "poidan competir" no mercado.

 Así mesmo, reclamou "unha aposta real" por deste sector nos orzamentos da Xunta de 2021.

Comentarios