domingo 25/07/21

CIS: O BNG aumenta a súa estimación de voto para unhas eleccións estatais

Obtería o 0,8%, porcentaxe superior ao 0,5% que logrou nos comicios de novembro de 2019. 
nestorrego
Néstor Rego

O BNG conta cunha estimación de voto do 0,8% de se realizar agora unhas novas eleccións estatais, segundo o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de xullo.

Este barómetro de xullo do CIS outorga un incremento dunha décima para o Bloque Nacionalista Galego respecto ao 0,7% que rexistraba o mes anterior.

Igualmente, vai á alza en intención de voto directo, xa que pasa do 0,5% de xuño ao 0,8% de xullo. De feito, neste punto sitúase por riba de partidos como PNV e  Pacma (0,7% en ambos os dous casos).

Pola súa banda, o CIS volve situar o PSOE na cabeza, e mesmo aumenta a súa vantaxe sobre o PP a 5,2 puntos, tras a remodelación do Goberno español levada a cabo por Pedro Sánchez.

En concreto, calcula para os socialistas un apoio do 28,6%, 1,2 puntos máis que o mes anterior, mentres que o PP caería medio punto, do 23,9% ao 23,4%. A distancia entre ambos crece, por tanto 5,2 puntos, fronte á de 3,5 puntos de xuño.

comentarios