O BNG denuncia na UE o "monopolio de Monbus, amparado pola Xunta"

Miranda advirte dunha situación "moi grave"
A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).
photo_camera A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no pleno do Parlamento Europeo os problemas do transporte público na Galiza e a súa "pésima" xestión.

"É un escándalo", afirmou, que se traduce na discriminación que sofren os galegos. "Buses cheos nas vilas e cidades; xente esperando durante horas para chegar ou volver dos traballos e aos centros de estudos; falta de frecuencias horarias e de billetes, que obriga a quen precisa desprazarse a reservar moitas semanas antes, atrasos continuos; falta de conexións para as zonas rurais e precariedade nos contratos dos traballadores de transporte", relata Miranda na súa intervención. 

A eurodeputada denuncia que o sector do transporte na Galiza  está "case monopolizado" pola empresa Monbus, "un monopolio amparado polo Goberno galego do PP que non ten en conta as decisións xudiciais".

Neste sentido, Miranda fixo referencia á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), avalada polo Supremo, que sostén que Monbus e Alsa repartíronse o mercado de transporte de viaxeiros por estrada na Galiza de forma fraudulenta. europea en lugar de facer cumprir a lexislación e traballar para mellorar a calidade do servizo.

A normativa europea de concorrencia europea segue sen respectarse na Galiza", avisou a eurodeputada do Bloque na súa intervención, á vez que considera "moi grave" que a Xunta ampare esta vulneración da normativa europea".

Os conselleiros de Educación e de Infraestruturas e Mobilidade, Román Rodríguez e Ethel Vázquez, defenderon esta cuarta feira na Cámara galega a transparencia das adxudicacións das liñas de transporte regular e escolar concedidas polo Goberno galega ás diversas Unións Temporais de Empresas (UTE) promovidas polo grupo Monbus, que en cinco casos teñen sido consideradas ilegais e anuladas polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG).

Comentarios