BNG denuncia "a aplicación da lexislación de excepción" @s pres@s independentistas

Perante o xuízo dos vindeiros 24 e 25 de xullo na Audiencia Nacional española, a organización frontista manifestou o seu "rexeitamento" ao "uso abusivo e sistemático" da prisión preventiva e da dispersión penitenciaria. Imaxe: Galiza Contrainfo

[Imaxe: Galiza Contrainfo]
photo_camera [Imaxe: Galiza Contrainfo]

Desde a súa adhesión "a firmes convicións democráticas e pacifiscas" o BNG manifestou esta cuarta feira o seu rexeitamento á "aplicación da lexislación de excepción" que supón o xuízo que terá lugar os vindeiros 24 e 25 de xullo na Audiencia Nacional española e no que serán xulgad@s 4 independentistas galeg@s por un presunto delito de "pertenza a banda terrorista". 

@s nacionalistas denuncian que "a consideración de actos terroristas" para os feitos que se lles imputan é "esaxerada" e "non se corresponde coa realidade dos actos que se xulgan nen cunha  percepción social sobre a existencia de terrorismo en Galiza". Neste senso, a organización frontista manifestou o seu rexeitamento ao uso "abusivo e sistemático" da prisión preventiva por entender que esta está a ser empregada na práctica como "un anticipo da pena por feitos non probados nen xulgados". 

Aliás, aseguran desde o BNG a política de dispersión penitenciaria á que son sometid@s @s detid@s "non só supón un castigo engadido ás persoas privadas de liberdade, contrario á finalidade reeducadora e reinsertadora, senón tamén aos seus familiares e amigos que se ven obrigados a desprazarse centos de quilómetros para poder efectuar unha breve visita nos centros penitenciarios”.

Máis en POLÍTICA
Comentarios