AGE denuncia a aplicación de "medidas de excepción" aos presos independentistas

Alternativa Galega de Esquerda manifesta a súa "preocupación" pola imputación dun presunto delito de “pertenza a organización terrorista, a todas luces desmedido” a catro independentistas

presos

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia nun comunicado o  que cualifica de "réxime de excepcionalidade xurídica" que se aplica @s pres@s independentistas galeg@s. A coligación afirma, aliás, que hai unha "ausencia de respecto ás súas garantías constitucionais". Neste sentido, AGe refírese á "dispersión, encarceramento durante máis dun ano sen xuízo, condenas mediáticas, peticións de penas desorbitadas ou o estrago de calquera presunción de inocencia puntúan as súas detencións".

Alternativa Galega de Esquerda tamén manifesta a súa preocupación "polo trato que están a recibir @s detid@s pola imputación dun presunto delito de “pertenza a organización terrorista”, a todas luces desmedido e que só parece obedecer á intención de facer medrar intencionadamente as posíbeis penas de cárcere". Unha afirmación que se realiza en relación co xuízo que na Audiencia Nacional decorrerá o 24 e 25 deste mes contra ntom S., María O., Eduardo V. e Roberto F.

AGE apoia, ademais, o Manifesto Cidadám de Solidariedade com os independentistas julgados en Madrid, xa subscrito por unha trintena de organizacións e colectivos.

Comentarios