Beiras, disposto a asumir a portavocía nacional de Anova se non ten "facultades executivas"

En conversa con Sermos Galiza, o dirixente nacionalista reafirma que o seu ciclo político "está rematado" e que "estou nun epílogo". "Eu para ser referente no proxecto de Anova, non preciso ser o portavoz", engade. Imaxe: Riobó Prada

Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista [Imaxe: Riobó Prada]
photo_camera Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista [Imaxe: Riobó Prada]

Xosé Manuel Beiras conversou desde o seu despacho no Pazo do Hórreo con Sermos Galiza. A poucos días de ter lugar a Asemblea nacional de Anova, o líder nacionalista debulla con nós algunhas das cuestións que teñen a ver co conclave. Beiras asegura que os obxectivos para esta fin de semana son "culminar" o proceso encetado na asemblea fundacional constituínte do pasado ano e catapultar á organización ao traballo social que é, di, "para o que naceu". 

En relación aos comicios europeos do vindeiro ano, Beiras avanza que a súa organización non ten aínda decidida a fórmula de concorrencia nas eleccións europeas 2014. Aliás, cre que a coligación con EU non ten descafeinado ou disolto as "posicións nacionalistas" de Anova. Asemade, salienta que o nacemento da formación --deseñada como unha "unidade de acción electoral" serviu para rachar "o mapa electoral" e mesmo as dinámicas parlamentares. 

Porén, non cre que isto supuxese a ruptura da unidade de acción do nacionalismo, cando menos non nun momento de ruptura e quebra do sistema como o actual no que entende que para dar "un paso cualitativo adiante no proceso de emancipación nacional" non se pode "practicar o isolacionismo". 

Podes ler a entrevista completa no número 50 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e na nosa loxa.

Comentarios