A Atención Primaria vira nun "call center" co PP

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, acusa a Alberto Núñez Feixoo de depositar o futuro da sanidade pública nun centro de chamadas pola última proposta de xestión da Atención Primaria do Goberno galego.
Gonzalo Caballero xunto o alcalde de Amoeiro, José Luis González, e cargos públicos do PSdeG.
photo_camera Gonzalo Caballero xunto o alcalde de Amoeiro, José Luis González, e cargos públicos do PSdeG. (Foto: PSdeG)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, está a converter a sanidade pública nun “call center” coa súa xestión da Atención Primaria, criticou hoxe Gonzalo Caballero, secretario Xeral do PSdeG.

Desde o concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, Caballero cuestionou o novo sistema de xestión da Atención Primaria que anunciou o Goberno galego, no que o persoal de administracións dos centros de saúde recibe as chamadas e elixe se corresponde atención médica telefónica ou presencial.

Nun centro de chamadas ou “call center” é onde Feixoo está a depositar a sanidade pública, salientou o socialdemócrata, que proclamou que “non se poden permitir retrocesos” nin “máis problemas para a sanidade pública”.

“Despois de 12 anos de languidecer da sanidade pública, non se pode permitir que Feixoo siga danando o sistema”, apuntou Caballero, canto máis na situación derivada da pandemia da Covid-19, na se atopa baixo unha presión excepcional.

Para resolver esta situación, instou a Xunta da Galiza a contratar máis profesionais, precisamos “que salgan 5.000 novas prazas estábeis ao longo da lexislatura e non permitir máis retrocesos”, afirmou.

Que precisa Amoeiro?

Acompañado do alcalde de Amoeiro, José Luis González, do deputado Juan Carlos Francisco, e do secretario xeral do PSdeG na provincia, Rafael Rodríguez Villarino, Caballero quixo destacar a "magnífica xestión" do equipo de goberno en Amoeiro.

Caballero tamén apoiou as demandas municipais, como a da escola infantil ou a construción dun centro de día, polo envellecemento da poboación na vila ourensá.

Comentarios