A asemblea do BNG en Lugo dá luz verde a explorar co PSOE un acordo de goberno

A militancia aprobou por unanimidade dar ese paso. En caso de haber acordo, este deberá ser validado pola propia asemblea, que terá a última palabra para decidir se o Bloque entra ou non no goberno.

asemblea bng lugo

A asemblea local do BNG en Lugo aprobou por unanimidade autorizar o inicio de negociacións co PSOE para explorar a posibilidade dun acordo de goberno de ambas as dúas forzas no Concello. De atinxirse un acordo, este deberá ser levado á asemblea, onde a militancia nacionalista decidirá sobre o mesmo, así como sobre unha entrada ou non do Bloque no executivo local.

O candidato nacionalista na cidade, Rubén Arroxo, manifestou que “os resultados destas eleccións municipais deixaron claro que a veciñanza de Lugo apostou en que o BNG estivese presente no goberno para decidir o futuro desta cidade". Arroxo considera que o apoio electoral ao nacionalismo é para “que se poida facer o cambio que tanto quere a xente desta cidade”. 

Comentarios