Ana Pontón anuncia que optará á reelección como portavoz nacional na Asemblea do BNG e co "reto" de gobernar Galiza en 2024

Incide que nestes dous meses de "reflexión" comprobou que “unha ampla maioría” comparte o seu “obxectivo de traballar" en conseguir "a presidencia da Xunta”.

pnton

[En ampliación]

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou esta quinta feira que volverá a se presentar para encabezar a candidatura interna e liderar a formación nacionalista, co "reto" de gañar a Xunta en 2024, xa que "por primeira vez", proclamou, a fronte nacionalista está en "condicións de disputar a hexemonía ao PP". "Sería un erro maiúsculo e un lastre para o reto que temos por diante non facer un alto no camiño", dixo, antes de afirmar: "Seguir coma se nada non era unha opción".

Pontón escolleu un hotel compostelán para comunicar a súa decisión que anunciou como unha reflexión persoal. De feito, o acto estivo marcado pola ausencia de dirixentes ou militancia. "Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, disputando a hexemonía ao PP", proclamou na súa intervención.

"Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, disputando a hexemonía ao PP"

Os últimos días deste período de reflexión interna, que iniciou hai aproximadamente dous meses, dedicounos a abordar a configuración dunha candidatura, que será apoiada polo  Consello Nacional -máximo de órgano de decisión entre asembleas- este sábado, unha semana antes do plenario da  XVII  Asemblea Nacional na que Pontón busca saír cun liderado reforzado, o cal obtivo en xullo de 2020 nas urnas o referendo como segunda forza política, con 19 deputados na Cámara galega.

Sobre esta candidatura non quixo avanzar nomes concretos, máis aló de que apuntou que a idea é conformar un equipo para afrontar o Goberno en San Caetano, tras "liderar" a oposición. Non en balde, os documentos políticos para a Asemblea recollen por primeira vez de forma explícita esa vontade de liderar San Caetano.

Catro retos

Na súa comparecencia, indicou que esta Asemble< Nacional pon fin a un ciclo do BNG e abre un novo, que estará marcado por novos retos e desafíos. Pontón enumerou catro: responder ao que demanda a sociedade, eleccións municipais, aumentar a represdentación nas Cortes do Estado e "sentar unhas bases sólidas para o reto de presidir o Goberno deste país en 2024".

Comentarios