Acordo do pleno de Ourense para "desbloquear" o Goberno municipal

O grupo municipal do PP en Ourense acadou os apoios da C's e dos edís díscolos de Democracia Ourensana e puido sacar adiante a súa versión dunha moción na que se propón como líder para iniciar o diálogo e dotar o concello dun Goberno estábel.
Primeira Xunta de Goberno minoritaria en Ourense. (Foto: Concello de Ourense)
photo_camera Primeira Xunta de Goberno minoritaria en Ourense. (Foto: Concello de Ourense)

O grupo municipal do PP de Ourense, co apoio de Ciudadanos e dos edís díscolos de Democracia Ourensana e a abstención do BNG, sacou onte adiante unha moción no pleno municipal na que se insta a iniciar os contactos para "desbloquear" o Goberno da cidade. 

O texto aprobado recolle emenda de substitución á moción que defendera o PSOE, coa que pretendía encabezar os contactos para explorar un goberno alternativo ao do actual rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, que só conta co apoio de tres edís na corporación

O portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, realizou un balance sobre o estado do Goberno ourensán até a actualidade, entre as disputas internas de Democracia Ourensana e as discrepancias co Partido Popular, que derivaron na renuncia de todos os concelleiros e concelleiras deste partido. Con ela, 

Villarino apelaba a iniciar os contactos para desbloquear o concello e dotalo dun goberno que "sexa representativo do sentir maioritario da cidadanía".

A emenda de substitución presentada polo PP elimina esta  referencia e arroga a este grupo a iniciativa do diálogo, expoñendo os mesmos motivos que a moción do PSdeG pero deixando sen alusións ao "desgoberno", mantendo unicamente a necesidade dun Goberno serio e eficiente "que teña alturas de miras".  Segundo expuxo na sesión a portavoz popular Flora Moure, o obxectivo é "manter un diálogo aberto" malia o "bloqueo" os catro anos do mandato conservador.

O representante do BNG, Luís Seara, cualificou a moción de "prescindíbel" se hai vontade de acordos. Por iso lamentou que o BNG fose excluído da última mesa de diálogo entre partidos da oposición. "Entendemos que debe gobernar a lista máis votada nas municipais", sinalou, e incidiu en que "quen se colgue a medalla é o de menos". "O importante é chegar canto antes a un acordo serio pero o PP non é a solución porque foi parte do problema", lembrou.

Na mesma liña, o portavoz de C's, José Araújo, tachou de "fantasía" de Jácome a posibilidade de gobernar a cidade de 106.000 persoas "cun concelleiro fiel e outro, Telmo Ucha, que se mantén como non adscrito, e pediu desculpas ao BNG por non ser convidado á mesa de diálogo, en favor de sentar xuntos a PP e PSOE. 

Comentarios