O pleno do Tribunal Constitución delibera esta quinta feira (5 de novembro) arredor do proceso independentista catalán. No concreto, pronunciarase a respeito dos tres recursos de amparo presentado onte polas portavocías de Ciutadans, PSC e PP nos que reclaman ao tribunal a suspensión do pleno que se convocará para a segunda feira (9 de novembro) e no que se iniciará a tramitación parlamentar da declaración independentista presentada por Junts pel Sí e a CUP.
Segundo as forzas unionistas o acordo adoptado pola Xunta de Portavoces contravén o regulamento da Cámara ao non se atopar constituído o grupo parlamentar do PP, unha formalidade que non supuxo atranco ningún nas lexislaturas de 2006 e 2010, segundo lembraron desde Junts pel Sí, e que non suporía vulnerar as normas da Cámara lexislativa.
O pleno continúa reunido
Neste senso, os relatorios que están a estudar o pleno do TC (concretamente dúas ponencias) non apoian a adopción de medidas cautelares polo que non suspenderían o debate e votación en sesión plenaria da declaración.
Segundo avanza a Cadena Ser, á espera dun posicionamento oficial, o pleno do TC podería ser "consensuada" e "unánime".