Segundo 'non' a Mas

A CUP rexeitou apoialo en segunda volta como president mais, din, "é un non tranquilo" e non "enrocado".

Baños
photo_camera Antonio Baños [Imaxes Job Vermeulen]

Artur Mas non foi eleito president tampouco en segunda volta. Esta quinta feira (12 de novembro) o Parlament de Catalunya debateu de novo a súa investidura como president e, máis unha vez, as 10 persoas que integran o grupo parlamentar da CUP rexeitárono. A votación resolveuse con 62 Sí (JxSí) e 73 Non (CUP-PSC-PP-C's).

Embora o líder de Convergència lanzou unha nova oferta, baseada nun Govern coral --con tres vicepresidencias-- e mesmo unha moción de confianza á que se sometería en xullo, o portavoz da CUP, Antonio Baños, explicou que candidatura de unidade popular non o apoia. 

"Valoramos que vostede se está a mover", sinalou desde a tribuna, mais "a oferta que fixo é insuficiente. Agardamos novos movementos". Así explicou Baños o non "tranquilo" da súa formación. 

CUP: "Valoramos que vostede se está a mover, agardamos novos movementos"

Malia a todo e perante as voces que falan dun suposto adianto eleitoral se Artur Mas non consegue a presidencia, desde a CUP rexeitan esa posibilidade por "reaccionaria". Neste senso, aseguran que continuarán adiante coas negociacións "todo o tempo" que for preciso até chegaren a un "acordo sólido" con Junts pel Sí. "Seremos os derradeiros en erguernos da mesa", asegurou Baños. 

Trátase da primeira vez na historia catalá na que a presidencia da Generalitat non prospera na segunda votación. Perante o que consideran é unha situación bloqueada desde Junts pel Sí, instan a que se resolva "en poucos días". 

Pola súa banda, a presidenta do Parlament, Carme Forcadell, avanzou que abrirá unha nova rolda de contactos á fin de procurar un novo candidato. 

Documento

A Candidatura d'Unitat Popular fixo público un documento titulat I ara què? Fil a l'agulla no cal explica a súa postura e as propostas nas negociacións con Junts pel Si. A publicació, da cal se fará unha tiraxe de 50.000 exemplares,, reitera a posición que a formación xa defnedía na campaña eleitoral: "Independència, pobresa zero, prou corrupció".

Máis en Països Catalans
Comentarios