Este serán, centos de cidadás e cidadáns déronse cita através das redes na Praça de San Jaume e combinaron, en asemblea aberta, a realización de distintas mobilizacións para este sábado.
Alén de adoptar o acordo de rebautizarse como #Tornem1F, o movemento acordou manter este sábado, apartir das 11 horas, unha asemblea na Praça de Catalunya. Xa á tarde, arredor das 18 horas, haberá unha marcha cara á sede do PP en Barcelona.