Coa Lei de Consultas xa aprobada polo Parlament, o presidente da Generalitat continúa a súa folla de rota e así este sábado, segundo avanza o diario Ara, asinará o decreto de convocatoria.
A resposta do Goberno español será inmediata e o decreto -ben como a propia Lei de Consultas que o ampara- será recorrido perante o Tribunal Constitucional. Neste senso, Mariano Rajoy podería convocar o Consello de [email protected] o día seguinte, domingo 28 de setembro, e presentar recurso de inconstitucionalidade na segunda feira.
Neste senso, o ex-ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, xa avanzou en comparecencia de imprensa que a súa equipa deixaba redactados os devanditos recursos antes da súa demisión. Tanto para a Lei de consultas como o propio decreto de convocatoria do referendo.
Informa Ara, que se basea en fontes moi próximas a Mas, que a vindeira semana o Pleno do Parlament designará a comisión de control eleitoral, formada por 7 membros (4 xuristas e 3 politólogos).