Enquisa de La Vanguardia: ERC disputa a supremacía a CIU e as CUP duplican escanos

As forzas de esquerda independentista son as únicas que sobenubirían, segundo a sondaxe do rotativo barcelonés, de se realizar agora eleccións: ERC até @s 37 deputad@s (16 máis que agora). CIU perde 14 escanos, o PSC 5 e PP entre 3 e 5. "O mapa electoral da Transición escacha en anacos" titula o diario catalán.

photo_camera Pleno Parlament Catalunya

A vaga soberanista colle un pulo claramente independentista e de aposta por construír o país en chave de esquerda. Así se desprende da enquisa realizada polo xornal La Vanguardia a un ano das eleccións (outubro 2012) e que deixa un panorama no que só as forzas de esquerda e independentistas (ERC e as CUP) incrementan representación. O resto, perde deputad@s.

A sondaxe indica que Esquerra xa lle disputa a supremacía a CIU no panorama catalá. Ambas as dúas formacións empatan a escanos: 36/37. ERC subiría entre 15 e 16 de ser agora as eleccións (tivo 21 nos comicios de outubro de 2012). CIU baixaría entre 13 e 14.

Ascenso

E as CUP duplicarían a súa representación e terían seis deputad@s fronte @s 3 que teñen agora. Un aumento que afortala o independentismo máis combativo e nunha chave de crítica total do sistema.

No que atinxe a Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V), manterían a súa representación (13) no mellor dos casos, se ben a sondaxe sinala a posibilidade de que perda un escano.

Retroceso do unionismo

A terceira forza no Parlament, o PSC, perde segundo esta enquisa de 4 a 5 deputad@s, caendo dos 20 que ten agora a 15/16. Na mesma liña está o Partido Popular, que caería até os 14 ou 15 escanos (na cita de outubro do 2012 tivo 19).

A única forza unionista que non retrocedería sería Ciutadans, que de haber agora eleccións mantería os 9 representantes que tivera daquela.


 

Máis en Països Catalans
Comentarios