SALVADOR COT, DIRECTOR DE NACIÓ DIGITAL

"A desunión dos partidos non freará o movemento independentista"

Salvador Cot é director de Nació Digital. Con el abordamos a situación do proxecto xornalístico que dirixe, líder en Catalunya, e o actual contexto político no Principat.

Salvador Cot
photo_camera Salvador Cot [Imaxe cedida]

Con 2,3 millóns de usuarios únicos --segundo a OJD-- Nació Digital sitúase como líder dos medios en catalán. Consolídase así o proxecto?
No mes de setembro somos líderes como dixital xenuíno mais tamén como medio en cifras absolutas. Hai un par de xornais en papel, con edicións dixitais, o Punt-Avui e Ara, que teñen menos audiencia que nós. Cando menos, o proxecto ten aceptación entre os leitores. Iso seguro.

Un dos puntos fortes de Nació Digital é a súa información comarcal e local. Reside o éxito en facer información próxima á cidadanía?
Si. De feito, Nació Digital xorde en 1996 dunha edición local da comarca de Osona, no interior con capital en Vic. Co tempo foise espallando ás comarcas veciñas e chegou un momento no que a empresa decidiu facer unha edición nacional. Iso chegou máis tarde. A columna vertebral son as edicións comarcais o que nos permite ter unha maior profundidade.

O contexto social e político que atinxe Catalunya desde hai un ano axuda?
Vaia setembro! Non houbo outro coma este! [Ri] Nestes momentos non hai en Europa unha sociedade con este altísimo nivel de mobilización. Mesmo de politización, de conciencia. Hai moitísima demanda de información. Iso pula pola edición nacional. Somos un medio influínte porque achegamos moita análise e opinión. 

Se queres ler a entrevista completa atoparala no número 119 do noso semanario, disponíbel na nosa loxa ou nos quiosques do país.

Máis en Països Catalans
Comentarios