Catalunya votará o 27 de setembro

Artur Mas anunciou o adianto electoral, que coincide co aniversario da sinatura do decreto de convocatoria do 9 de Novembro.

O president da Generalitat, Artur Mas, confirmou esta cuarta feira (14 xaneiro) a data na que se convocarán as eleccións ao Parlament de Catalunya. Será o 27 de setembro, data na que se cumpre un ano da sinatura do decreto de convocatoria da consulta do 9-N. 

A data foi acordada entre o president de ERC e Mas, após unha xuntanza coa que se recuperou, sinalou o propio Artur Mas, "o pacto de unidade". 

Coa escolla desta data a campaña electoral dará a súa pistolada de saída o 11 de setembro, coa Diada. 

Máis en Països Catalans
Comentarios