Frear a ‘’barbaridade’’ de construír vivendas nos Xardíns de Mondariz Balneario

A plataforma SOS Xardíns-Mondariz Balneario procura que a Xunta rexeite xa de inicio a pretensión de erguer edificios nese espazo do recinto orixinal do Gran Hotel.

SOS Xardíns-Mondariz Balneario rexistrou esta quinta feira un escrito coas observacións que esta plataforma cidadá formula e que van acompañadas de 5 informes de especialistas que do mesmo xeito que as Universidades coinciden na necesidade de protexer os xardíns e evitar a recualificación urbanística que impulsa o Concello para construír vivendas nese espazo.

Un cento de páxinas “cheas de argumentos contundentes contra o que cualificamos de barbarie urbanística”, foron rexistradas como achega da Plataforma neste procedemento. Hai 11 observacións de fondo á Modificación Puntual do Planeamento Urbanístico da vila Balnearia, “observacións que van acompañadas de informes específicos sobre os seguintes aspectos: Urbanístico, de patrimonio cultural, de impacto no medio natural, de índole histórica, e arquitectónico-paisaxístico, todos eles froito da colaboración de persoas que forman parte da Plataforma, e que realizaron traballos de altísimo nivel para este caso, tasmén se incorporaron os informes emitidos polas Universidades de Vigo e Compostela”.

A Plataforma entende que hai elementos abondo para que a secretaría xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, declare que a proposta do Concello contén “impactos ambientais significativos e non subsanables nos ámbitos urbanístico e do patrimonio natural, cultural e paisaxístico, e que o proxecto é por tanto manifestamente inviable por razóns ambientais, polo que procede a súa inadmisión, o que significaría na practica a paralización da proposta na súa fase mais inicial”. 

Máis en OPINIÓN
Comentarios