Rianxo deixa Sogama e sumarase o sistema de reciclaxe da Mancomunidade do Barbanza

O alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños (BNG), sinala que os pasos para efectivizar esa marcha e entrar na pranta da Mancomunidade están "avanzados" porque xa se fixeron contactos, estudios económicos, e avaliacións que amosaron que este modelo é "moito máis respetuoso".

Rianxo

Rianxo solta amarras e deixará Sogama nas vindeiras semanas. Así o anunciou este sábado o alcalde nacionalista da vila arousá durante o encontro de cargos do BNG, segundo recolle a axencia EFE. Adolfo Muiños engadiu que a aposta de Rianxo será agora polo sistema de reciclaxe representado pola pranta da mancomunidade Serra de Barbanza. O alcalde indicou que os estudios e avaliacións feitas mostran que esta decisión vai ser a correcta polo que supón de pasar a un sistema "moito máis respetuoso".

Os pasos da dar agora son a aprobación da decisión nun pleno e un cambio de estatutos en Serra do Barbanza porque "a incorporación implica unha asemblea". Inicialmente a Mancomunidad Serra do Barbanza abarcaba tres concellos (Lousame, Brión e Porto do Son) e, actualmente, nove, cun total de 80.000 habitantes.

Os concellos, ''ferramentas útiles''

O anuncio do rexedor rianxeiro foi acollido con ovación e aplausos no auditorio onde decorreu o encontro do BNG. Muiños quixo poñer en valor o papel que poden xogar os concellos como “ferramentas útiles” para poñer freo ao “réxime do medo” que quere “impoñer o Partido Popular”.

A idea de deixar Sogama para apostar polo complexo ambiental de tratamento de residuos sólidos urbanos do Barbanza ía no programa electoral do BNG, que con esta decisión dá cumprimento ao seu compromiso. Muiños recoñece que o feito de que Sogama esté a traballar na suba do canon é un “revulsivo” para marchar

Máis en OPINIÓN
Comentarios