Maioría lexislativa absoluta para o PS francés

O Partido Socialista (PS) alzouse esta fin de semana coa maioría absoluta na Asemblea Nacional francesa ao conquistar, xunto cos seus aliados, 314 escanos. A centroesquerda non necesitará o apoio de Os Verdes e a Fronte de Esquerda despois deste resultado nunhas eleccións con abstención récord e a volta da ultradereita coa Fronte Nacional.
Hollande

O PS cumpliu coas espectativas e conseguiu outro bo resultado en Francia, desta vez na cámara baixa. Xunto ao Partido Radical de Esquerda e a agrupación Diversos de Esquerda, vai ter o control absoluto para emitir leis e sacar adiante o seu programa de traballo. Outras formacións como Os Verdes tamén rematarón cunha suba de votos, neste caso acadaron 18 escanos e poderán formar grupo parlamentario propio. A Fronte de Esquerda, polo seu lado, logrou situar 10 lexisladores. En total, sumando todos os deputados destas agrupacións, a esquerda francesa terá unha cantidade récord na historia de 342 deputad@s, d@s 577 que compoñen a Asemblea, superando así o albor dos 289 deputados necesarios para alcanzar a maioría absoluta.

Os Verdes tamén rematarón cunha suba de votos, neste caso acadaron 18 escanos e poderán formar grupo parlamentario propio

Pola súa banda, a Unión por un Movemento Popular (UMP), do ex presidente Nicolás Sarkozy, acadou 228 asentos e será a principal forza de oposición. Para a dereita francesa é algo así como comezar de novo ("Ano cero" din no xornal Liberation) froito dos desencontros nalgunhas zonas onde o pacto coa ultradereita era reforzo asegurado.  

Con nomes e apelidos
Todos os membros do Goberno de François Hollande revalidaron o seu escano, entre eles o primeiro ministro, Jean Marc Ayrault, e o ministro de Finanzas, Pierre Moscovici. Non obstante, a candidata socialista Ségolène Royal perdeu na circunscrición de La Rochelle ás mans do disidente socialista Olivier Falorni. Royal denunciou xa unha "traizón política", xa que Farloni recibiu o apoio expreso de Valérie Trierweiler, esposa de Hollande.
O regreso da ultradereita non evitou que a súa líder, Marine Le Pen perdera en Hénin-Beaumont, unha localidade do norte de Francia. A sorporesa foi que a súa sobriña, Marion Marechal Le Pen, gañara en Carpentras, no sur.

Máis en Mundo
Comentarios