O Xulgado de Primeira Instancia nº 1 da Coruña suspendeu as actuacións relativas ao Pazo de Meirás até resolver se o mobiliario fai parte do inmóbel e da finca incluídas no recinto que a familia Franco debe devolver ao Estado, tal e como decretou o xulgado nunha sentenza confirmada pola Audiencia Provincial da Coruña.
Nesa resolución na que se declarou que o pazo é propiedade do Estado "non se condena os demandados a entregar os móbeis existentes nas distintas dependencias ao Estado", polo que, tal e como determinou a Audiencia Provincial, corresponde ás administracións públicas "promover o correspondente incidente de execución para discutir e resolver sobre cal é a extensión da sentenza que se executa".
Por iso, a Administración Xeral do Estado presentou un incidente de execución no que demanda a "necesaria conservación do inventario" aprobado no seu día polo xulgado, así como unha segunda cuestión incidental na que solicita a "delimitación dos bens integrantes e pertenzas" do pazo tendo en conta o artigo 334 do Código Civil, no que se definen os bens inmóbeis.
Pola súa banda, o Concello de Sada reclama que se inclúa, a efectos de execución de sentenza, o mobiliario como parte do Pazo de Meirás.
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña tramitará o tres cuestiones incidentales de forma conxunta e resolveraas ao mesmo tempo. Contra a providencia ditada hoxe cabe presentar recurso de reposición no prazo de cinco días.
Esta mesma semana, a iniciativa defende Meirás exixía que se adoptasen as medidas precisas para evitar o "“expolio". Denunciaba que os Franco querían retirar do Pazo bens como Cabeiros de elefante, cadeiras con tapicería bordada por Pardo Bazán e ánforas do século III.