Manuel Monge destapa 'Os restos do franquismo en Galiza'

No vindeiro mes de xuño chegará ás librarías de todo o país o libro Os restos do franquismo en Galiza. Escrito por Manuel Monge, está editado por Laiovento e conta coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, así como de historiadoras, investigadoras, presas políticas, xornalistas, asociacións memorialistas, culturais e entidades de todo tipo "que informan e mobilizan á cidadanía".

Capa do novo libro de Manuel Monge
photo_camera Capa do novo libro de Manuel Monge, 'Os restos do franquismo en Galiza' (Foto: Nós Diario)

No vindeiro mes de xuño chegará ás librarías de todo o país o libro Os restos do franquismo en Galiza. Escrito por Manuel Monge, está editado por Laiovento e conta coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, así como de historiadoras, investigadoras, presas políticas, xornalistas, asociacións memorialistas, culturais e entidades de todo tipo "que informan e mobilizan á cidadanía".

Actualizado até marzo de 2020, xa coa chegada do Coronavirus, recolle tamén no seu interior todas as distincións e rúas que ten o rei Juan Carlos na Galiza, "que moi pouca xente pode defender hoxe despois de coñecer novos casos de corrupción da monarquía Borbónica".

Na capa presenta unha fotografía do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, realizando o saludo fascista, unha imaxe de alto impacto que "resume moi ben os restos do franquismo e a necesidade da recuperación da memoria histórica", sinala o autor, que sostén que hai que entender eses restos do franquismo que dan nome ao libro "dun xeito amplo, non limitado á simboloxía franquista, porque a supervivencia do franquismo ten múltiples manifestacións. Que o ministro da ditadura Rodolfo Martín Villa, por exemplo, teña hoxe a Medalla de Ouro de Galicia, é unha vergoña para Galiza e unha clara expresión dos restos do franquismo".

O seu obxectivo é contribuír "a que todas as organización políticas tomen un pouco máis en serio a eliminación desta simboloxía e actúen cun mínimo de coherencia. Se unha alcaldía do PSOE retira en Ferrol en 1981 a rúa Salgado Torres (falanxista e represor) non podemos ter a esa mesma persoa na Coruña dando nome a unha avenida e a un colexio".

Comentarios