A onomástica nacida da terra

Vilaverde, Xallas, Xende, Xerpe (e Serpe), Xestal, Xesteira, Xesteiras e Xesteiro

Castelo de Pambre, en Palas de Rei, concello no que existe o lugar de Xende. (Foto: Héitor Picallo)
Neste fascículo imos analizar un par de zootopónimos (Serpe e Xerpe), catro fitotopónimos (vinculados coa presenza de plantas leguminosas do xénero Sarothamnus), un hidrotopónimo de orixe indoeuropea (Xallas) e un nome de lugar relacionado coa existencia dunha granxa fértil ou vizosa (Vilaverde). Os documentos consultados para esta ocasión están comprendidos entre os anos 871 e 1618, aínda que o peso recae fundamentalmente nos textos baixomedievais. Este fascículo, por outra banda, remátase cunha esclarecedora entrevista realizada a Ana Isabel Boullón Agrelo, profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.