Palabras con memoria: a terra sempre está aí

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Tractor durante a recollida de trigo na  parroquia de Calvo, en Abadín (A Terra Chá). [Foto: Carlos Castro / Europa Press]
photo_camera Tractor durante a recollida de trigo na parroquia de Calvo, en Abadín (A Terra Chá). [Foto: Carlos Castro / Europa Press]

aguío.- Gran moído que se engade á auga ou á comida da facenda.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

barazola.- Corda de carro pequena.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

biorto.- (Ademais de significados xa rexistrados) Corda feita coa palla do palleiro logo de rematado este.
Lugar de escoita.- Carbeiral- Bardaos (San Sadurniño).
Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortiguera).
Outros apuntamentos.- Empregábase desta maneira: Un home rispaba na palla do palleiro e outra persoa, que polo xeral era un cativo, retorcía dende a punta e tiraba para fóra o suficiente como para que pasara de lado a lado do palleiro polo curuto.

guinza.- (Ademais de significados xa rexistrados) Forquita.
Exemplo.- “Cargou o estrume coa guinza.”
Lugar de escoita.- Nigrán (Pontevedra).
Fonte.- Albino Soto Figueroa.
Outros apuntamentos.- Adoita pronunciarse con gheada.

sortella.- (Ademais de significados xa rexistrados) Parte por onde dobra a navalla.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios