Palabras con memoria: golpes varios

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Pastroxada. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A pastroxada é un golpe dado a unha persoa cun obxecto coma unha vara, un bastón ou un caxato. (Foto: Nós Diario)

esghunisar.- Mazar, abaticar.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

gatuñazo.- Poutada, gadoupada.
Lugar de escoita.- Vilaboa do Morrazo.
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

palfurrada.- Azoute, chaparreta.
Lugar de escoita.- Taboada (Silleda).
Fonte.- Jesús López Domínguez.

pastroxada.- Golpe dado a unha persoa cun obxecto coma unha vara, un bastón ou un caxato.
Exemplo.- “Como non esteas quieto, aínda vas levar unha pastroxada.”
Lugar de escoita.- Barantes (Sober).
Fonte.- Ramón Sandoval.

quite (dar un).- (Ademais de significados xa rexistrados) Dar un golpe, facer unha acometida.
Exemplo.- “O aire deulle uns quites, que case o chimpa da pena embaixo.”
Lugar de escoita.- Ourol-Guntín (Lugo).
Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

Comentarios