Palabras con memoria: expresándose

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
(Foto: vdusanpetkovic1).
photo_camera (Foto: vdusanpetkovic1).

escourar.- Aturuxar.

Exemplo.- “O Manolo é o que mellor escoura de todo o grupo.”

Lugar de escoita.- Boal (Asturies).

Fonte.- Daniel GV..

 manda parexo.- Expresión de admiración cara a alguén.

Exemplo.- “Manda parexo con ela, que ben o fixo.”

Lugar de escoita.- Sargadelos (Cervo).

Fonte.- Isabel Echevarría Fernández (avoa de Roi Martínez Enríquez).

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

meterse nunha debullada.- Meterse nun problema, nunha lea.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Outros apuntamentos.- Comenta o informante que un irmán seu lle transmitiu que llo ten escoitado á súa nai.

partir un coco.- Expresión de sorpresa ao non lembrar algo.

Exemplo.- “Que me parta un coco se me acordaba!”

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

rosarear.- Reñer, discutir, rallantear. Tamén a unha reña se lle di un rosario. Por unha pequena cousa xa monta un rosario, ou rosarea.

Lugar de escoita.- Lier (Sarria).

Fonte.- María Xosé López Castro.

Comentarios