Palabras con memoria: diversidades

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Vouche dar unha que te esconfundo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Esconfundir é en moitos lugares da Galiza sinónimo de esmendrellar ou esnaquizar: "Vouche dar unha que te esconfundo". (Foto: Nós Diario)

afalazar.- Aproveitar.
Exemplo.- “As patacas de afalazar bótaas nesa cesta”.
Lugar de escoita.- Paderne.
Fonte.- María Asunción Álvarez Touriño.

arrochar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Tirar.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

caltrir.- Sinónimo de filtrar.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.

desandar(se).- (Ademais de significados xa rexistrados) Desprender(se), soltar(se).
Exemplo.- “Desanda a terra da raíz”, “Desándase da terra”.
Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

esconfundir.- Esmendrellar, escangallar, esnaquizar, afundir, etc.
Exemplo.- “Vouche dar unha que te esconfundo”.
Lugar de escoita.- Lugo, pero tamén se oe en moitos outros lugares de Galiza.
Fonte.- Henrique Harguindey Banet.
Outros apuntamentos.- A fonte indica que a pesar de ser un verbo de uso familiar, limítase a expresións moi determinadas.

Comentarios