Palabras con memoria: comendo

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Arrouñar é morder deixando a pegada dos dentes. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Arrouñar é morder deixando a pegada dos dentes. (Foto: Nós Diario)

arrouñar.- Morder deixando a pegada dos dentes.
Exemplo.- “O rato arrouñou o queixo.”
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.

corona.- (Forma verbal deturpada) Emprégase para enxalzar na mesa algún manxar saboroso, logo de probado.
Exemplo.- “Este lacón está moi bo, sabe que corona!”
Lugar de escoita.- Xinzo de Limia.
Fonte.- Rafael Laso Lorenzo.
Outros apuntamentos.- A fonte indica que só se emprega nesa forma do verbo (3ª persoa presente de indicativo).

empizarnada/o.- Postre que non coceu ben e non subiu.
Exemplo.- “Este biscoito quedoume empizarnado.”
Lugar de escoita.- Mosende (O Porriño).
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

envoado.- Amoado, masa da que se fan os freixós e as filloas.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

ghisandeira.- Pota onde facer o guiso.
Lugar de escoita.- Corme.
Fonte.- Vocabulario cormelán.
Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme.

Comentarios