Palabras con memoria: beleza... ou non

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Estar no chete é estar no punto xusto. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Estar no chete é estar no punto xusto. (Foto: Nós Diario)

borrallada.- (Ademais de significados xa rexistrados) Morrallada. Cousa desprezábel ou de pouco valor.
Lugar de escoita.- Taboada (Silleda).
Fonte.- Jesús López Domínguez.

estar no chete.- Estar algo bo, no seu punto xusto, perfecto.
Exemplo.- “Vén probar as cereixas, están no chete.”
Lugar de escoita.- Gundivós (Sober).
Fonte.- María Trigo.
Outros apuntamentos.- Enviada por Ramón Sandoval. Comenta que a súa informante llas escoitou a Xerardo de Naván.

ghaldromo.- Limo, limoallo do peixe. Porcallada, cousa que non vale.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

malcote.- Rapaz novo.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

miriañada.- Cousa de pouco valor, chilindrada.
Lugar de escoita.- Taboada (Silleda).
Fonte.- Jesús López Domínguez.

Comentarios