Palabras con memoria: lingua verde

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
#cogomelo #cogomelos #seta #setas #bosque #outono (Foto: Nós Diario)
photo_camera Gorro de raposo é unha forma de denominar o cogomelo. (Foto: Nós Diario)

capelo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Cogomelo.
Lugar de escoita.- Vilaquinte.
Fonte.- ENDL Navia de Suarna.

carbuncho.- Pámpano de millo-flor macho.
Lugar de escoita.- Vilouzán (Láncara).
Fonte.- Suzana do Páramo.

chiribia.- Tubérculo branco, similar a un nabo pequeno.
Lugar de escoita.- Cenlle.
Fonte.- Obdulia Soto./ C.D. Atalaia de Vigo.

raposo (gorro de).- Cogomelo.
Exemplo.- “Onte collín unha cesta de gorros de raposo.”
Lugar de escoita.- O Pindo (Carnota).
Fonte.- Tamara Rodríguez Caamaño.

vulpureira.- Érbedo, albedro.
Lugar de escoita.- Carmoega (Agolada).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Outros apuntamentos.- O golpe (vulpes) adoita alimentarse cos seus froitos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios