Palabras con memoria: arroupándose

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Ghorachas é o nome que reciben as sandalias nalgunhas zonas de Vigo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ghorachas é o nome que reciben as sandalias nalgunhas zonas de Vigo. (Foto: Nós Diario)

capildó.- Peza de roupa de abrigo desamañada que se pon sobre as outras.
Exemplo.- “Presentouse no funeral cun capildó de hai noventa anos.”
Lugar de escoita.- O Morrazo.
Fonte.- María del Carmen Rodríguez Pato.
Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

esfreldellar.- Rachar ou esfiañar tecidos.
Exemplo.- “De tanto bater na alfombra esfeldrellouna toda.”
Lugar de escoita.- O Morrazo.
Fonte.- Dolores Acevedo.
Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

esquifo/a.- Que queda curto/a, que non chega a cubrir o que ten que cubrir.
Exemplo.- “Esta saia éme un pouco esquifa.”
Lugar de escoita.- San Mamede de Carnota.
Fonte.- Mar Llinares.

ghorachas.- Sandalias.
Lugar de escoita.- Bembrive (Vigo)
Fonte.- Alba Pérez.
Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo).

pantaloneta.- Dise do pantalón curto feito de lona moi empregado nos deportes.
Exemplo.- “O vestiario do noso equipo é unha pantaloneta e unha camisola sen mangas.”
Lugar de escoita.- No val da Louriña: Mos, Porriño, Salceda de Caselas, etc.
Fonte.- Edilberto Vieito Giráldez.

tafarros.- Solapas da chaqueta.
Exemplo.- “Voute coller polos tafarros.”
Lugar de escoita.- Forcarei.
Fonte.- Informante de Manuel Cabada Castro.

Comentarios