Palabras con memoria: animais

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
As lavazas son os restos de comida que se lles dan aos cochos e mais ás pitas. (Foto: Nós Diario)
photo_camera As lavazas son os restos de comida que se lles dan aos cochos e mais ás pitas. (Foto: Nós Diario)

alimoco.- Variante de limoco, fluído viscoso transparente que segregan as vaxinas das femias en celo. Verbo: alimocarse.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

alvar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Alvariza, recinto circular para colmeas.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

andar ó carraviro.- Estar en celo un animal.
Lugar de escoita.- A zona de Amoeiro (Ourense).
Fonte.- Carlos Manuel Gómez Bóveda.

lavazas.- (Ademais de significados xa rexistrados) Restos de comida que se lles dan aos cochos e mais ás pitas.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

voiar.- Voar.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

Comentarios